NENA PIJA ESTÚPIDA
Onte sentinme verdadeiramente estúpida, o que se coñece como "nena pija estúpida estou a romper unha unlla merda jopelines". Si! todo iso xunto e dito de moi rapidamente para que soe aínda máis grave.
O caso é que caeu o espello retrovisor do meu coche, o de dentro. Chovía, chovía a mares cando aconteceu iso, e os exteriores non me garantirían unha conducción óptima ata Pontevedra. Así que baixei do coche. Estaba en Milladoiro, ás afóras de Compostela, onde hai moitas fábricas de cousas varias... Varias como unha tenda de textil, reparadores de non sei que e... unha fábrica de azulexos... Aló me dirixín, cara de santiña, de non romper unllas nin ren... sorriso de boa persoa.. e palabras saídas da estupidez da situación.
Cara de boa rapaza dixo que lle caera e que se alguén a podía axudar... así, cara de boa rapaza seguiu primerio a un rapaz e despois a outro que lle pegou "á perfección" o espelliño, para que cara de boa rapaza puidese facer ben as cousas... Depois viu como aquel rapaz fixaba o devandito espello ao cristal cunha cinta. Cara de boa rapaza ben parviña que é , ou sexa , eu..
Estaba a ver como aquel empregado da fábrica facía algo tan simple como pegar o espello mentres que a miña inutilidade momentánea impedíame ata suxeitalo contra o cristal...
Eu, é dicir, cara de boa persoa, contemplei todo coma se dun filme onde "nena pija estúpida estou a romper unha unlla merda jopelines", e marchei...
Non sei se a experincia me serviría para máis que darme de conta do tontiña que podo ser.. pero dende logo volvín a redactar neste pequeno espazo...
Esperoa que esta volta sexa definitiva, senón, sempre terei o método analóxico, pegar e cortar fotiños... (pegar.... quen o diría!!!!)

6 Comments:
Miña nena, non deberías machacarte por ser unha inútil. As persoas que o fumos ( e o somos...) toda a vida sabemos que non é tan grave
Plenamente de acordo con Rapunsel.
Hai quen non sabe sequera subirse os pantalóns para non chear os baixos de area
Cuándo vas a renovar?
A veces nos sentimos lo que somos
Festival Heineken Paredes de Coura`06
www.paredesdecoura.com
cerca de Vigo
15 de Agosto
18.00h
Escenário Heineken
Morrissey
Fischerspooner
Broken Social Scene
White Rose Movement
Madrugada
Gomez
Escenário After-Hours
X-Wife
Digitalism
Jazz na Relva
Zé Eduardo Unit
16 de Agosto
18.00h
Escenário Heineken
Bloc Party
Yeah Yeah Yeahs
Gang Of Four
Eagles of Death Metal
We Are Scientists
Members of The Public
Escenário After-Hours
Panico
Dj Kitten
Jazz na Relva
4walls
17 de Agosto
18.00h
Escenário Heineken
Bauhaus
The Cramps
!!!
Maduros
Elefant
Shout Out Louds
Escenário After-Hours
Selfish Cunt
Justice
Jazz na Relva
Insert Coin
Looking for information and found it at this great site... » » »
Publicar un comentario en la entrada
<< Home