miércoles, enero 25, 2006

  • linguas-lenguas-languages
    • version española
      • ningunha bágoa máis

        xa non sei se estar rematadamente enoxada ou rematadamente triste.. a verdade é que estou rematadamente farta, iso é o que único que sei de certo.. E é que hoxe estiven con sabela, nun enterro, o dunha persoa, que como outras, formou parte da miña vida. Chorei, pero non sei cal foi o motivo que o desencadeou..., pode que fose ao pensar que ao meu carón non hai máis que amigos orfos de pai ou nai... agora sei por que se nos chama a xeración perdida!!! pero coño!!! deus non sabe que hai que ir por orde??? que consolo hai para unha nai que está na vellez e enterrou ao seu home e aos seus dous fillos?... foder!!!! por orde, coño!!!! estou farta....
        e que alguén me diga se hai dereito a que unha amgia che diga que xa non ten nada polo que chorar, porque suponse que peor non vai ir, iso dóeme porque ten razón...
        merda!!! estou farta, farta de chorar e de que ao meu redor caiamos deste xeito, non é xusto!!!!

        a vida é a morte son irmáns, mais eu non me criei deste xeito, ..., e as leis naturais non só deberían actuar coas catástrofes tropicais, senón que deberían estar aí para estes casos...

        estou enoxada, e non teño con quen , e iso, enóxame aínda máis...

        ningunha bágoa máis, por favor, ningunha antes de tempo!!!!

        <
  • mis ninh@s