Síntoo, mais son unha meiga
Xa non o podo ocultar máis, son unha meiga. E se non é así, que veña Deus e me explique que é o que me pasa, porque eu non o consego entender. Das casualidades da vida todo o mundo fala e a min encántame crer nelas porque lle dan esa maxia que lle falta con tanta contaminación. A contaminación pode ser de moitos itpos, a que máis me afecta é a de ENCE-ELNOSA, mais eu ía falar de que son unha meiga.
Sego na teima da miña nesta cualidade non adivinatoria senón desencadeante de acontecementos. E se non , que veña algúen e mo explique. Ese alguén ben podería ser Jorge Buccay, recentemente motivo dos meus poderes. E se non, que calquera persoa se achegue e me conte por que ó día seguinte en que remato de ler un dos seus libros escoito no programa "Hablar por hablar" a un oínte que o nomea.
Mais isto que é anecdótico pasa a preocuparme cando me dou de conta de que cando pesno ou falo dunha persoa, aparece de novo na miña vida. Ou como cando cheguei a Paris e a habitación do hotel no que pasei os primeiros días tiña ao mesmo número na que despois vivín todo o nano. Ou cando me topei nas rúas de Londres coa única persoa que me topara nas de París.
Serían casualidades da vida, pero pásame moi a miúdo.
No entanto, decidín que a preocupación na humanidade crea ademais de caídas capilares un stress innecesario por moitos motivos. Asi pois, asumo a miña condición e podo dicir ademais que non teño pena ningunha de selo.

9 Comments:
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Non es unha meiga, es unha MAGA (jejej), que sorte tes
Meiga e feliz, qué máis poderías pedir?
algún día explicareiche o dos campos mentales.
Meiga... Pois algunhas cousas que quero que me atopes, empezando polo anel azul que perdín na Costa Azul (rima...)
No es por quitarte méritos pero a mí me pasa. Sueño con alguien y al día siguiente tengo noticias suyas (veo a la persona, me envía un mail, me llama por teléfono...).
Es algo genial, por momentos te hace sentir especial
meiga ou maga...ás veces son intercambibles , ás veces poderíano ser porque xa hai tempo que non vexo a oliveira
A ver si actualizas, rapaza!!!!
Xa che digo!!!!!!!!!!!!!!!!!
Publicar un comentario en la entrada
<< Home