Os que non durmen e eu
A miña vida ten dúas vertentes, a inútil e a eficaz. A corrente inútil empezou a desenvoleverse coa maioría de idade deixoume o legado da infeficiencia total e absoluta. Tivo algún repunte nalgún momento da carreira cando "circunstancias estremas" vinme na necesidade de "espabilar" . No entanto, se de algo me serviron os tres anos que xa levo no "mundo" da comunicación, foi, máis que para aprender algo , para coñecer a ingnorancia da que si podo presumir. O momento eficaz da miña vida tivo o seu clímax no último ano de instituto, algúns xa saben o porqué..., e esgotouse, xúrovos que non queda nin ren!
A estas conclusións tan radicais, só se pode chegar nunha desas clases ás nove da mañá cando o profesor che conta que na Voz de Galicia hoxe, houbo tantas noticias de local que tiveron tantas erros e ademais que a serie de televisión de onte pola noite foi un aburrimento polo que estivo consultando os ratios de audiencia en OJD ; pero como non lle convenceron optou por xogar un pouco. De feito, os medios tecnolóxicos son escasos, polo que fixo un estudo sobre o mercado e a relación del coas novas formas de comunicarse. Aínda hai tempo para sorpresas, cando ás 10 e 25 minutos afirma que no parágrafo 4 de tal e tal libro dise que no futuro... en fin!!!
Eu, onte, quedei durmida no sofá, non é habitula en min, pero onte ocorreu . Despois fun facer uns recadiños e logo o traballo de produción. Cando rematei a metade falei un pouco con liliño e logo o traballo e logo cear e logo a cama. Onte, "insisto", nin unhas liñas dun libro calquera puiden ler. Digo calquera, porque aínda teño moito por diante para poder ir á clase ás nove da mañá e non darme de conta de que ter a necesidade vital de durmir acaba comigo e a miña integración na sociedade.
E se pode permitirse este atrevimento pola miña parte, non serán os profesores certas especies en extinción ou canto menos , extraterrestres? Perdón de novo pola miña ousadía, mais , cando durmen?

5 Comments:
Comprendoche perfectamente. Hoxe non puiden ir a clase. Escoller entre ir e ser ineficaz ou durmir e así poder pensar logo.
Escollín durmir, mais non sei se por iso.
Dormir é moi importante. pensa que os que non durmen acabarán sendo máis feos, porque dormir é un remedio de beleza
Esa Ra parece medio tonta
Si, eu tamén teño a impresión de que o día debería ter máis de 24 horas, para poder durmir, e durmir, e ler, e facer todas esas cousas extracadémicas e extraobrigacionais que tan felices nos fan
Os profesores teñen varias opcións:
a)non durmir demasiado, porque xa están casados e afeitos a unha rutina de parella aséptica onde o máis importante é o traballo e garanti-la economía familiar
b)facer que durmen e non durmir para se-los número un en todo
c)Rascan a cona ou o carallo e van tan pillados de tempo coma nós
d)Outros
Publicar un comentario en la entrada
<< Home