lunes, noviembre 21, 2005

  • linguas-lenguas-languages
    • version española
      • Martes de novembro

        Hoxe é un martes de novembro. Hai un ano o era tamén e eu estaría sentada a carón, ou mellor dito, fronte a Alcides, escoitando os seus consellos de vida ou calquera das súas historias sobre a súa viaxe por Sudamérica. Ó seu carón e fronte a el; escoitando un pouco de jazz no 'Quartier Latin' moi preto da 'fontaine de Saint-Michel' ou como agora, en Alfredo Brañas.

        Cando voltaba para casa con el, sempre perdida,porque París de noche sempre conseguía perderme; sentía o legado de cidade bohemia que foi. Respirando o que as súas rúas de 'Saint-Germain aínda deixaban'.

        Voltando para casa como nunha ocasión con Sara cando de súpeto vimos que o jazz acompañaaba a dous namorados que se apertaban o un ó outro xunto á verxas da iglesia de 'Près'. Alí estaba Tomasso co seu saxo, un artista da rúa que tiña aínda a chapa que eu perdera xogando aos dados con el. Mais esa noite, unha man americana prestoume algunhas cousas para que , co mesmo xogo, recuperase un colar que me comprara miña nai. Esa noite Sara e máis eu voltamos para casa a pé, camiñando na noite, ata chegar á rue de Sèvres. Pasamos coma sempre polo boulevard Raspail e atravesamos a rue de Rennes xirando a testa cara a esqeurda para observar a torre de Montparnasse, mole de amianto. Iamos suxeitas do brazo e falabamos a besbellos para non estroperar aquel momento.

        Aquela noite noite era sábado, mais poñamos que falo dun martes de jazz.

        6 Comments:

        Anonymous punsel said...

        Qué poético!!! Todas botamos de menos París, como se fose unha droga.
        Deberías contar toda a verdade sobre o que dis, que eu sei que algo do que contas non é tan poético como o presentas...

        3:52 AM  
        Anonymous punsel said...

        fuxidas

        3:52 AM  
        Blogger Milk said...

        jejejejeje.


        E duro voltar!

        1:49 AM  
        Blogger Mrs Jones said...

        Jo, sí, soa todo tan lonxano e poético e parisino...

        3:09 AM  
        Anonymous mafaldinha said...

        todo es verdad, otra cosa es como acabase , eh!!! rapunsel...

        2:29 AM  
        Anonymous mafaldinha said...

        todo es verdad, otra cosa es como acabase , eh!!! rapunsel...

        2:29 AM  

        Publicar un comentario en la entrada

        << Home

        <
  • mis ninh@s